Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
sábado, 13 de junio de 2009
Para estar satisfeitos
Xa rematamos o traballo, o círculo pechouse coa montaxe dos paneis que se fixeron nas aulas. A información é rigurosa, moi ben organizada. Por suposto agora toca facer un libro con cada unha das follas redactadas e ilustradas que pasará a aumentar os fondos da biblioteca: uns libros que ninguén máis terá, uns libros exclusivos que servirán para consultas dos alumnos/as que xa formades parte da escola e outros que no futuro se escolaricen en San Tomé. Non so mercamos, tamén somos quen de producir. Noraboa a todos/as sen esquecernos de todo o profesorado que estivo ó noso/voso lado sen condicións. É unha satisfacción tervos como alumnos/as e compañeiros/as
viernes, 5 de junio de 2009
Grazas especiais
Hai unhas datas quedáronnos pendientes uns agradecementos especiais, tanto que queriamos adicarlle un espazo concreto para eles/elas porque lle supuxeron, de maneira voluntaria e algunhas veces arriscada, un emprego de horas non remuneradas, cesión de obxectos de tremendo valor sentimental e non menos valor económico, esforzo persoal para mostrar cousas especiais a todo o alumnado. Todos eles e elas apostan por un ensino público de calidade e na súa medida quixeron contribuir a ese fin cos proxectos deste ano.
- Grazas a familia Portas pola mostra de cetrería no pavillón.
- Grazas a moitos profesores/as da escola pola cantidade de horas que botaron ó lombo fóra do horario escolar.
- Grazas o colexio de Vilariño por algunhas pezas cedidas para as exposicións de trebellos da casa.
- Grazas a Asociación Cultural Unha Grande Chea por todos os traxes.
- Grazas a familia Xesteira (Xaquín, Anxo e Roi) pola mostra de música e instrumentos musicais
- Grazas os pais, nais e avós do profesorado por deixarnos tantos aparellos de labranza, instrumentos de carpinteiros, ferreiros, zapateiros, canteiros... algúns deles auténticas reliquias.
- Grazas a Manuel Marín -profesor de debuxo do IES de Cesures- polo debuxo do tapiz do salón do trono.
- Gazas a Chumi de Catoira por facernos a cota de mallas, os escudos, os cascos, o atril e a catapulta.
- Grazas á escritora Anxos Sumai por deixarnos os marabillosos libros facsímiles de tremendo valor económico.
- Grazas a familia Portas pola mostra de cetrería no pavillón.
- Grazas a moitos profesores/as da escola pola cantidade de horas que botaron ó lombo fóra do horario escolar.
- Grazas o colexio de Vilariño por algunhas pezas cedidas para as exposicións de trebellos da casa.
- Grazas a Asociación Cultural Unha Grande Chea por todos os traxes.
- Grazas a familia Xesteira (Xaquín, Anxo e Roi) pola mostra de música e instrumentos musicais
- Grazas os pais, nais e avós do profesorado por deixarnos tantos aparellos de labranza, instrumentos de carpinteiros, ferreiros, zapateiros, canteiros... algúns deles auténticas reliquias.
- Grazas a Manuel Marín -profesor de debuxo do IES de Cesures- polo debuxo do tapiz do salón do trono.
- Gazas a Chumi de Catoira por facernos a cota de mallas, os escudos, os cascos, o atril e a catapulta.
- Grazas á escritora Anxos Sumai por deixarnos os marabillosos libros facsímiles de tremendo valor económico.
miércoles, 3 de junio de 2009
martes, 2 de junio de 2009
Libro de Cabanillas
O mércores 14 de maio presentouse no noso colexio o libro homenaxe a Ramón Cabanillas, editado pola Asociación de Ensinantes do Salnés CANDEA. A obr,a coordenada por Adela Leiro é un traballo colectivo dos centros educativos do Salnés que completa un montón de actos que CANDEA organizou arredor do ano de Cabanillas. 



Páxinas elaboradas no colexio aproveitando as vidrieiras para ilustrar o relato A noite estrelecida, unha historia do rei Arturo
Dous momentos da presentación cos representantes das escolas e dos institutos e que contou coa familia do escritor


Páxinas elaboradas no colexio aproveitando as vidrieiras para ilustrar o relato A noite estrelecida, unha historia do rei ArturoGrazas familias
Estimadas familias: ainda que un pouco tarde, este apartado vai adicado a todas vos pola colaboración que tivéchedes durante todo o curso coas actividades propostas dende a escola. Estámosvos moi agradecidas/os polos postres -espero que vos acordedes daquela merenda cos postres de outono pois foron case 100 familas as que colaboráchedes naquela ocasión- e polos 40 cans de todos os materiais que fixéstedes para o libro de Querido Inimigo de Agustín Fernández Paz. Para vós vai este pequeno video de agradecemento e... seguro que para o próximo curso seguiremos pedíndovos máis e vós respondendo tan ben!!!.
viernes, 29 de mayo de 2009
Queremos deixar este curto que nos pedides dende distintos colexios porque non podedes chegar ata aquí. É unha pequeniña mostra do que se leva facendo dende o mes de xaneiro por parte de profesores/as, nais e pais dos nosos alumnos, familiares, voluntarios, etc. No seu momento falaremos de todos eles. Moitas grazas polos ánimos
Mostra de CETRERÏA
Queridos lectores: resulta que entre as variadas aficións que temos, a familia de Vani de 4ºA ten como entretemento e pasión o da cetrería. Non fixo falta nada para que viñera invitada ó cole para ensinarnos as súas pezas: un falcón, un cernícalo e unha águia. Deixaron que os nenos case tocaran as aves, fixeron unha demostración de voo no pavillón, apareceron caracterizados como os falconeiros da dade media. Foi todo un espectáculo inesquecible. Agradecémoslles a súa amabilidade e colaboración coa escola cun montón de grazas e bicos.

jueves, 28 de mayo de 2009
Unha escola medieval
Seguindo co traballo de Formación de Usuarios, xa comezamos o estudo e i
nvestigación sobre a idade media. Polo de agora, o equipo da biblioteca axudado polo de actividades extraescolares e o traballo enorme dos nenos, profesores, familires do profesorado e familias do noso alumnado, fomos ambientando a escola e convertémola nunha escola medieval. Deixámosvos algunha mostra dos nosos corredores... que estades invitados a visitar ata o 20 de xuño.



miércoles, 20 de mayo de 2009
ANTROIDO MEDIEVAL
Seguindo coa formación de usuarios, dende a biblioteca propúxose aproveitar a ocasión para lucir traxes medievais. A proposta aceptouse por unanimidade e cada ciclo elexiu o disfraz que máis lle gustou: cento dez soldados, campesiños, aventureiros, damas e cabaleiros; reis e raíñas, troveiros,
mesonei
ras
e a corte do rei Arturo
desfilaron polo pavillón ó son d
e bailes e cancións.
mesonei
ras
e bailes e cancións.sábado, 16 de mayo de 2009
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Con esta primeira celebración do ano empezamos tamén co traballo de investigación que dende a biblioteca propuxemos para o semestre: a Idade Media. Pode parecer pouco realista conectalo con aquela época, pero tiñamos como obxectivo o estudo dos Dereitos Humanos: como era daquela a vida da xente máis desfavorecida, como é hoxe e comparar:
- Xa non hai escravos?
- Todos temos dereito a unha vivenda?
- Todos temos dereito a que se recoñeza a nosa persoa?
- Todos temos dereito á educación, á sanidade?...
Pois sí, pero cúmprese?
- Xa non hai escravos?
- Todos temos dereito a unha vivenda?
- Todos temos dereito a que se recoñeza a nosa persoa?
- Todos temos dereito á educación, á sanidade?...
Pois sí, pero cúmprese?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)