domingo, 24 de mayo de 2015

EL HIJO DEL FARERO

Ola a todos e todas. Ainda que cun pouco de retraso aquí está por fin o libro de actividades sobre a obra El hijo del Farero. Contén moitos tipos de textos que ao longo do 2º trimestre foron elaborando na clase da profesora Camino.  

sábado, 23 de mayo de 2015

ADICATORIAS ACOMPAÑADAS

MENÚ PARA EXTRANXEIROS

Que non se diga! A profe Lucía está a preparar unhas cartas de restaurante para chuparse os dedos. Bueno, a Lucía dirixe pero as cartas prepárannas os nenos e nenas de terceiro. Agora que a gastronomía está en voga, e Cambados ofrece o mellor do mar e da terra, os nosos pequenos quérenllo deixar claro aos turistas. Por facerse entender que non sexa. Jejejé!!!! 

ENTREVISTA A OLGA

Seguindo co traballo de tipoloxías textuais o alumnado de 3º preparou 50 preguntas para facerlle a Olga, a directora do Teatro Caracol, que este ano ven de representar a obra "Batman e os superheroes" cumprindo así 22 anos de posta en escea. Foi contestando a cada unha das preguntas ao longo de media hora. Falou dos seus comezos, cando a compañía estaba formada por nais e pais de alumnos de San Tomé, do futuro un pouco incerto, do traballo que supón para ela e para os actores/as subir ao escenario a cotío seis meses antes da representación final. Dos vestiarios, coreografía, música, decorados, dirección, guión, arranxos... dos que ela é arte e parte. E o nome da Compañia? Pois foi algo anecdótico. Disque eran moi lentos para todo, porque todo o fan eles/as: coser, ensaiar, pintar, colocar, gravar... e daquela alguén lles dixo: sodes máis lentos ca un caracol, e desa sentenza naceu o nome da compañía. Pero sabedes, as cousas feitas amodiño saben mellor e duran, duran e duran. Un abrazo para Olga por adicarlle o seu tempo ao alumando de San Tomé.


miércoles, 13 de mayo de 2015

PEQUENOS ARQUEÓLOGOS


Pasamos a mañá de hoxe na Illa de A Figueira, as titoras de infantil co seu alumnado  e outras outras profes que os foron e volveron varias veces acompañando aos máis pequenos. E que pasou alí? Uf. Disfrutamos un montón buscando anacos de restos antigos. Apareceu de todo: xerras rotas, pratos esportillados, queixadas de cabuxa, calavera de can con unha chea de dentes, dous ósos de cabalo, unha lámpada de aceite, a punta dunha lanza, a cuncha dunha ostra xigantesca, tellas e baldosas... Dirixiunos Ángel, o arqueólogo, logo de explicarnos como arredar a area coas paletiñas e varrer con pinceis e escobas. O máis chulo? As cariñas dos aprendices de arqueólogos cando petaban en algo que emitía un son oco. Os de 3 anos -algúns- tiñan certo medo; os de 4 disputábanse o achádego e os de 5 anos chamaban por Ángel para que lles axudara a varrer e embolsar os restos e expoñelos no museo de Pontevedra. Menudo compromiso!. Marchamos todos cheos de razón e o arqueólogo marchou cos petos cheos de cunchas "descubertas" a ras da area como enormes tesouros que os pequenos lle regalaron.



UNHA IMPORTANTE PRECISIÓN

Ola a todos e todas. Visitounos Ángel, o arqueólogo do Concello de Cambados. Falaramos con el para que nos explicara a función da Torre de San Sadurniño, e menuda sorpresa!!! Díxonos que non, que non está documentado en ningún papel que a Torre de San Sadurniño fose nalgunha época pasada un facho. Vaia!!! Sí que se dí e alguén escribiu o labor de aviso que este monumento tivo alá polos XI e XII contra das invasións normandas cunha fogueira na súa cima, máis non se pode asegurar. Ángel confirmounos este suposto erróneo. Pero claro, non era cousa de desmontar a proposta que tiñamos: visitar a Illa de A Figueira onde está a Torre cun experto na historia antiga. Iso levounos a modificar a nosa idea orixinal... e non pasa nada!!! Armado co seu equipo profesional chegou á biblioteca para darnos unhas ideas xerais do seu traballo, ensinounos as ferramentas imprescindibles e falounos de todo o que estudou para entender o significado dunha tella, un óso, un anaco de metal que noutro tempo fora a punta dunha lanza dependendo da profundidade do terreo na que sexan atopados. É así foi como cambiamos un proxecto por outro para aproveitar todo canto sabe do barrio de San Tomé e da Illa de A Figueira. E hoxe foi o primeiro deses días de visita á Illa.

jueves, 7 de mayo de 2015

O MAIO E O BAÑO

Este mes ven cargado de propostas. Pode que a conmemoración das nosas letras sexa a máis importante, pero non a única. Entre outras, temos dúas entregas dunha nova serie de velliña rata Luisa. A serie de contos vai arredor das Festas Populares de Galicia, e neste mes comezamos publicando os que corresponden: O Maio e  O Baño, e nesta entrega coma nas futuras, a orde é importante. Imos alá.
E despois da tradición, o conto.

CABO VILÁN

Víchedes as portas de Infantil? Recomendámosvos un paseo amodiño por elas. Pois desas portas e do estudo que os máis pequenos da escola están facendo de 6 faros galegos xurdiron os debuxos das imaxes de abaixo. Nenas e nenos de 3 anos da profe Laura Paz representaron o faro, a sala de exposicións, a paisaxe e a fareira. Queda aquí un bonito traballo que en pouco xa será un recordo.

miércoles, 6 de mayo de 2015

ÁRBORES DO NOSO PATIO

ÁRBORES DA PASTORA

Poñemos aquí uns traballos que nos elaborou Mon para o estudo do medio e a competencia lingüística en galego sobre fauna e flora da nosa contorna. Hoxe tocan as árbores, arbustos e plantas do monte da Pastora. Son 72, co seu mapa de localización dentro do monte, a denominación en galego, o nome científico, unha información básica sobre cada especie da que podedes arrancar para seguir profundizando e, todas elas, coas fotos correspondentes.

domingo, 3 de mayo de 2015

sábado, 2 de mayo de 2015

TEXTOS POÉTICOS

As imaxes que seguen corresponden ao traballo de lingua castelá e de plástica do alumnado de 6ºB. Veredes como ademais de escribir bonito o formato e a presentación fan atractiva a escritura e a lectura.


viernes, 1 de mayo de 2015

VIVIR OU NON VIVIR EN ONS

En 5º están aprendendo a redactar textos argumentativos e... nótase. Así, como primeira práctica entregáronnos estes textos, pero nós que sabemos do que son capaces estes nenos e nenas, estamos seguros que pouco a pouco comezarán a buscar razóns máis poderosas que apoien os seus argumentos. Partindo da consigna de expoñer unha razón a favor ou en contra de vivir na Illa de Ons, xurdiron estes escritos.

LUZ NEGRA


Que lástima non ter unha boa cámara! Esta, a da luz negra, foi unha das experiencias que máis lles chamou a atención aos nenos. Todos/as querían ensinar os seus dentes, as mochilas, as zapatillas fosforitas, lazos, diademas, camisetas...  Por debaixo dunha chaqueta agromaba unha tira brillante e non dubidaban en baixar cremalleiras, quitar xerseis, remexer nos petos. JAJAJA! Foi moi chulo. O problema, se o houbo, foi cando lle pedimos un debuxo do que acababan de ver. Moi fácil: necesitan papel negro e anacos de papeliños "como o das estreliñas das súas habitacións". Pois haberá que levarllos.

ADIVINA, ADIVINANZA

Infantil de tres anos escribe pareados cos seus nomes


PORTADAS

No video de abaixo podemos ver un traballo de plástica do alumnado das profes Camino e Lula. Son as portadas que idearon cada un deles para o remate da lectura de El Faro del Viento. Dentro destas portadas atópase un enorme libro -que noutro momento subiremos a lectoriño- que inclúe escritos, opinións, cartas, ideas... sobre o libro de lectura. Para eles e para todos ficemos esta bonita montaxe cos seus bonitos deseños.