martes, 29 de abril de 2014

Ojo de Nube en pictogramas

Boas!!
Como ben sabedes levamos unha tempada traballando co libro de Ricardo Gómez "Ojo de Nube".
Por se estaba pouco traballado á profe Elvira non se lle ocorreu mellor idea que elaborar un resumo do libro con pictogramas para dar cumprida atención á diversidade. O resultado do mesmo é espectacular e queremos compartilo con todos os nosos lectores. Premendo na imaxe do libro pódese acceder a el.


lunes, 28 de abril de 2014

E os nenos len máis...

Claro, os nenos e a nenas len máis porque sodes 400. Puxemos repartidos polo cole as follas tituladas QUE LIBRO ESTÁS LENDO? Non é de extrañar a aparición repetidísima de Ojo de Nube, pero tamén hai títulos de moi diversa temática. Mirádeos.

Os profes tamén len

Hoooome, non! Todos os días aconsellándovos que leades, e leades e leades e nos non iamos ler? Pois claro. E moito. 
O alumnado de 6ºB fixonos unha pequena enquisa sobre os libros que máis nos gustaron dos que lemos últimante. Despois fixeron un reconto e armaron este mural que puxeron moi á vista de todos

TARXETAS DE AUTORES GALEGOS


Este ano, para o día do libro, entregámosvos unhas tarxetas de cores. En cada tarxeta ía escrito o nome dun autor (poeta, novelista, ilustrador...) distinto porque, en Galicia, temos máis de 1000 autores.


Como esperabamos o traballo non rematou aqui: nas aulas fixéchedes investigación sobre eses nomes que vos tocaron ao chou. Aquí deixamos a mostra dalgúns deses traballiños.
Eugenio Carré Aldao
Neira Vilas
 Bieito Iglesias

jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro

 Como ben saberedes todos e todas, hoxe celebramos o Día do Libro.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.

Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.