jueves, 19 de septiembre de 2013

Os Bolechas, na pequena pantalla



Boas!
Se antonte falabamos do paso de Xabarín da pantalla ao papel hoxe imos facer o percorrido á inversa, do papel á pantalla, e é que Os Bolechas levan xa un tempo facendo as ledicias dos nenos na TVG. Se premedes na imaxe accederedes á páxina web que a TVG ten reservada para os nosos amigos, onde poderás ver todos os capítulos.
Disfrútaos!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Le máis, sé feliz.

Mirade este interesante vídeo sobre a lectura.



martes, 17 de septiembre de 2013

Xabarín salta ao papel

O Xarbarín Club foi unha auténtica revolución para o audiovisual galego. Neste proxecto infantil da TVG participaron míticos grupos musicais galegos coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Nación Reixa. Tamén serán lembradas as galas conducidas por Manquiña ou series de debuxos coma "As bólas do Dragón".

Pois ben, o noso querido Xabarín non se conforma con ser o rei da pantalla galega e decidiu aventurarse no mundo da revista.
Será de publicación mensual e conta con atractivas ilustracións e diversos temas de interés: ciencia, arte ou historia adaptados aos nenos.

En fin, longa vida ao Xabarín e á súa revista: OINK!

Os xogadores do Barça animan a ler

Os xogadores do FC Barcelona dan exemplo e con este vídeo animan a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos ao día. A ver se outros equipos se suman a esta iniciativa



viernes, 13 de septiembre de 2013

Notas o cambio?

Boas!
Este curso comezamos facendo algún pequeno cambio na biblio do cole; realmente o que fixemos foi mudar algunha que outra cousa de sitio para conseguir algo máis de espazo. Serías capaz de dicir cal?
Como podedes ver na imaxe, as cadeiras aínda están enriba das mesas esperando que alguén lles dea uso; así que os/as titores/as xa poden animarse a baixar cos alumnos.

Lembrade que no mes de outubro xa poderedes vir tamén todas as tardes de 16h a 18h.

Lémonos!

sábado, 7 de septiembre de 2013

VOLVEMOS


A máquina quenta motores


Benvidos, benvidas ao blogue Lectoriño de San Tomé. Estamos esperándovos e polo que escoitamos vos tamén tendes ilusión por volver. Arrincamos co desexo dun próspero curso. Faremos todo o posible para que así sexa, dende os da xeneración do chupete ata os/as que estades a piques de dicir adeus. Vémonos o mércores.