jueves, 20 de diciembre de 2012

Nadal Intercultural


A interculturalidade tíñase que facer notar na celebración do Nadal e así é; unha boa mostra é o precioso  Belén que se fixo a comunidade educativa do centro baixo a coordinación dos nosos compañeiros de Extraescolares. Reproduciron o Machu Pichu con distintas figuras que representan ás diferentes culturas do mundo.Vale a pena velo.


domingo, 9 de diciembre de 2012

Casas do mundo

“Todos temos dereito a unha vivenda”, di un dos artigos da declaración universal dos Dereitos Humanos. Neste terrible tempo de crise económica, todos/as temos unha vivenda na que protexernos, descansar, …? Non, dende logo que non. Pero no mundo, cada cultura á súa maneira, foi construindo as súas residencias adaptándose ao entorno, ao clima, as posibilidades económicas, ás materias primas ao alcance da man e dos bolsillos, ao número de membros, á tribo… É o que queremos que vexades no seguinte documento visual, onde tamén poderedes ver algunas excentricidades.
Casas do mundo

jueves, 6 de diciembre de 2012

Roque en Australia

O morcego Roque chegou ás Antípodas; queredes saber o que lle pasou por Australia?

Mirade:

Roque en Australia

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Roque na Arxentina

Nova historia do noso amigo Roque, neste caso pola Arxentina.

Roque na Arxentina

martes, 4 de diciembre de 2012

A bubela e outros galegos

Acordádesvos da despedida do profe Mon?. Diciamos que Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas. Tamén confiabamos –xa o sabíamos- que eses compromisos non se acababan cun papel de “xubilado”. E para demostralo, aquí o temos de novo argallando historias con Roque, o morcego, como protagonista. Coñeceu a Raimundo, o morcego de San Tomé e xuntos levounos a percorrer as ciudades do mundo, xa que os de Infantil andan de viaxe dende outubro, e nas súas viaxes foi descobrindo máis e máis cousas: plantas, casas, animais… E cos animais imos quedar.

Para os nenos e nenas de 2º de educación primaria sacoulles pasaxe para tres enormes países-continentes: foron á sabana africana ondea toparon cunha bubela galega. A bubela faloulles da Arxentina onde había moitos galegos, e alá marcharon tirando do peto, e claro, aqueles tamén lles descobriron algo de Australia. Como Roque e Raimundo son curiosos e todo o axixan, sen pensalo, alá voaron sen motor. Para ver como son, canto pesan, que comen, onde viven… Mon preparou estas viaxes. Esperamos que as disfrutedes.

Para ver o inicio do Morcego Roque, ide ao blog de Infantil premendo aquí.