jueves, 25 de octubre de 2012

Recomendación lectora: a rata Luísa

A rata Luísa (A Nosa Terra)
Ás veces buscamos lonxe libros axeitados para os nenos; pero non sempre é necesario recurrir á literatura infantil estranxeira para atopar coleccións fantásticas con divertidas ilustracións. Un claro exemplo é a rata Luísa, a creación de Mon Daporta, que a través das súas aventuras e dos seus amigos a bo seguro que vos fará pasar ratos moi agradables.
Por iso hoxe (un día especial, para que o imos negar), recomendamos a lectura dos diversos libros desta roedora que tantas cousas nos ensina.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares; eses rincóns dos colexios que, como os bos amigos, sabemos que están sempre aí aínda que non os vexamos con frecuencia. Na actualidade, as Bibliotecas Escolares son moito máis que un almacén de libros ou un espazo de lectura. Son espazos interactivos, son propostas, son proxectos, son equipos... E como no noso caso, son o motor do centro.
Por iso, aínda que non se celebrara ningún acto como tal, tamén fixemos a nosa pequena homenaxe, traballando como cada día para facer un cole mellor e máis activo.
Onte os titores escolleron tema de traballo dentro do proxecto Interculturalidade; en breve seguro que empezamos a ver os primeiros resultados do esforzo do alumn@s.
Nós estaremos aquí para contalo e para mostralo.

viernes, 19 de octubre de 2012

O morcego Raimundo


Moi soleadas tardes a todos os lectores de Lectoriño.
Estamos outra vez aquí para expoñervos o plan de traballo que equipo de Educación Infantil programou para este trimestre. Como veredes  non deixan nada ao chou, anque logo xurdirán polo medio algunas actividades colectivas que seguro lle van facer modificar os seus cálculos. Pero esa é outra historia.

De seguido relacionamos o proceso polo que van viaxar os de Infantil, e para saber onde se atopan cada día, o que están a facer –e tal vez  a comer- cómpre mirar o foto seguinte .

Nos seguintes días tamén veredes algunas fotos do morcego Raimundo que fixo o seu agocho nun chopo do patio. Agocho e moucho son os máis vistos pola escola estes días. O que pasa é que como os mouchos saen  de noite, fixéronlle fotos para telas nas clases.



Tamén recibiron unha carta de Raimundo…


                                   e ata o teñen para marcar os encargados de cada día… Vos mirade! 

miércoles, 17 de octubre de 2012

"Menina bonita do laço de fita". Un conto do mundo

Boas de novo, aquí vos deixamos un conto do Brasil, de Ana María Machado, que ven de ser galardoada co premio SM de Literatura Iberoamericana Infantil e Xuvenil. Esperamos que vos guste:

Libros, libros e libros

Xa están expostos os libros que fixemos e mercamos polo de agora,  A cousa xa empeza a funcionar. Polo de agora só podedes tocalos e ir mirándoos na pequena exposición da entrada, pero para a semana que ven quedarán  á vosa disposición na biblioteca.





Onte xa visitaron o recanto varias aulas pero so tivemos tempo de retratar aos de 5º B. Non vos preocupedes que haberá para todos.

lunes, 15 de octubre de 2012

Fala 6ºB: Un conto xitano

Os nenos e as nenas de 6º B xa estamos a traballar o proxecto deste curso: a Interculturalidade. 
O primeiro que fixemos foi empezar a ler os contos xitanos. Coa profesora Adela estamos aprendendo moito máis deste pobo, desta cultura e fainos pensar neses mitos tan malos que as veces estigmatizan a unha cultura. Nin son malos –mellor dito, non son nin máis nin menos malos ca nós, nin mais nin menos retorcidos, sucios, malvados….- Cantas mentiras nos contan ás veces… 

Pois nós empezamos a traballar un conto precioso que se titula “O Porco Encantado” e hoxe rematámolo. Primeiro lémolo, falamos, fixemos preguntas… e logo reescribímolo e ilustrámolo e quedounos así como vedes. Esperamos que vos guste e xa imos por outro.

Conto xitano (preme para velo)

jueves, 11 de octubre de 2012

Ola!

Boas a todos!!
Fixástesvos o simple que é o título da entrada?
Todo ten unha explicación, na Biblioteca xa se comeza a ver a ambientación da Interculturalidade e nas ventanas da mesma hai uns preciosos adornos con diferentes formas de dicir "ola" en varios idiomas. Aquí vos deixamos un par de imaxes.



domingo, 7 de octubre de 2012

Os nenos de 6ºB traballan sobre Mondrian


Os nenos e nenas de 6º B xunto coa súa titora Adela están a traballar ao pintor Pieter Cornelis Mondrian. Ademáis de ver e documentarse sobre a obra, xa están a facer traballos plásticos na aula: dende axendas a marcapáxinas, cadros, vestidos e, como non, pintura de uñas. Polo de agora déixannos estas mostras mais, como cada alumna e alumno quere exponer os traballos, iremos incluíndoos pouco a pouco.
Podedes velos premendo aquí.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Poemas sobre o Outono

Boas a todos/as de novo!
Deixámosvos esta presentación con poesías sobre o outono, unha pasada!!


martes, 2 de octubre de 2012

Novas da Biblioteca


Ola a todos e a todas. Xa temos un montón de libros de contos de todo o mundo. O equipo da biblioteca levamos case un mes buscando por canto sitio hai en internet e logramos xuntar arredor de 300 contos distintos: rusos, peruanos, indios e hindús; arxentinos, africanos, etíopes, xitanos , romaneses, chinos e xaponeses.  Démoslle moita importancia aos contos dos países de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras. Dirémosvos que son marabillosos e esperamos que eles, xunto coas súas nais, país e avoas nos contes algúns máis.

A intención que temos é a seguinte: un día á semana, durante a hora de ler, propoñémoslle aos vosos/as titoras/es que suban una carpetiña cos contos por países. En cada carpeta imos meter non menos de 25 contos. Tamén estamos a compoñer carpetas con contos variados do mundo –é dicir, 25 contos de distintos países, que son diferentes aos dos libros- para que todos e todas poidades ler a carpeta completa. Hai contos de 2, 4, 6 e 8 páxinas como máximo.

Cada tomo leva una introdución na que se explica a temática dos contos e un índice paxinado para poder ir directos ao relato que queirades. Tamén incluiremos un rexistro para cada clase coa idea de que deixedes a vosa opinión das historias.

Por último –polo de agora- dirémosvos que estamos a mercar a bibliografía que hai sobre os contos do mundo, pero como en galego non hai nada, fixemos un esforzo grande para presentarvos todos os que nos arranxamos en galego. Esperamos que non haxa erros pero, si vedes algún, non dubidedes en avisarnos. Dentro dunha semana empezaremos a publicalos no blog. Intentaremos poñelos todos para que os aproveitedes vos e outros nenos e nenas das escolas galegas ás que lle poidan interesar.
Ata moi prontiño….

PD: se premedes no botón da parte de arriba que pon "interculturalidade" iredes a unha páxina onde estamos recompilando contos, vídeos, enlaces...