sábado, 26 de marzo de 2011

de visita no concello

Como o noso obxetivo nesta andaina é coñecer o lugar onde vivimos, unha visita obrigada, como non era a casa do concello. Así que alí fomos, paseando e disfrutando das nosas rúas no camiño.

pintando un gran mural

Estamos xa metidos de cheo no noso proxecto e ademais dos traballos que facemos nas aulas, entre todos ambientamos o corredor e outros recunchos do cole.Nesta foto podedes ver como os nenos e nenas máis pequenos colaboran pintando un gran mural dunha zona emblemática do noso pobo, As ruínas de Santa Mariña Dozo, restos dunha igrexa medieval na que se ubica actualmente o ceminterio.

miércoles, 16 de marzo de 2011

EXCURSIÓN POR CAMBADOS

O venres 11 fomos por Cambados para aprender un pouco sobre as esculturas. Fomos ao museo do viño e vimos: a escultura de Manolo Paz "Laureiro"; alí nos explicaron un pouco sobre ela. Despois,fomos á praza de Ramón Cabanillas para ver a famosa escultura de Paco Leiro "Baco". E por último visitamos a reprodución da "Maiciña" feita por Francisco Asorey. E así rematou a nosa pequena pero divertida excursión por Cambados.




martes, 15 de marzo de 2011

os mestres do cole en busca de información


Antes de dar comezo o noso proxecto sobre Cambados os mestres puxéronse a recopilar información para levala ás aulas.



analizando as cortizas das árbores



un pequeniño descanso




no mirador da Pastora



lunes, 14 de marzo de 2011

un novo proxecto, unha nova andaina

Neste curso 2010-2011 todos, desde os máis pequenos de tres anos recén chegados ao cole ata os maiores, comezamos unha nova andaina conxunta, coñecer a fondo o noso pobo, Cambados.