Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
Páginas
▼
lunes, 3 de noviembre de 2008
Noraboa pois case todos/as déchedes co asunto. Sí, trátanse de anaquiños de obras do noso autor do trimestre Agustín Fernández Paz. Sabemos que xa estades a ler os seus libros e ós máis pequenos lenllos as profes e as nais -seguro que tamén os pais-. Témolos todiños na nosa biblioteca, nun espazo reservado para que os collades cando queirades. Aquí mesmo, mirade
É como o que máis nos gusta e que os leades, todos se pode ser, deixámosvos os títulos da súa obra:
* A cidade dos desexos * As flores radiactivas * Contos por palabras * Lonxe do mar * O tesouro do dragón Smaug * Rapazas * Unha lúa na fiestra * As tundas do corredor * Trece anos de Branca * Cartas de inverno * Amor dos quince anos * Avenida do Parque * O centro do labirinto * A néboa escura * O laboratorio do doutor Nogueira * Noite de voraces sombras * Un tren cargado de misterios * Aire negro * Corredores de sombra * O único que queda é o amor
Que os disfrutedes!!!!
HOLA A TODAS E A TODOS!!! Ímosvos propoñer unha pequena actividade. Sodes capaces de recoñecer estas fotos?
Si, si... Xa sabemos que andan pola biblioteca da escola, e polos corredores e mesmo na entrada. Pero, porque? Que se lle pudo meter na cabeza ás mestras e mestres de San Tomé? Con que terán que ver? Buscade, buscade....